Este sábado 27 de setembro comezan as Festas de San Campio

27 Setembro 2025

Este sábado comezan na parroquia de Santo Ourente, en Outes as Festas de San Campio (Romaría do Mal Cativo), edición 2025.

Arrincarán hoxe cunha sesión vermú do Grupo Arco Iris e logo pola tarde, a partir das 17.00 horas, unha concentración de coches clásicos, e de xeito simultáneo cunha ruada da charanga Os Jaláticos. Polo serán, ás 20.00 horas, actuarán 2 Homes y Tercio e pola noite haberá verbena, a partir das 22.00 horas, con La Travesía e DJ Juan Send.

As novenas de San Campio celebrarase o sábado ás 19.30 horas.

O domingo haberá misas ás 12, 13, 18 e 19.30 horas.

Antes do xantar haberá unha sesión vermú co Grupo Master e pola tarde tardeo coa Banda Municipal de Outes e co grupo Leite con Jalletas.

Pola noite verbena ás 22.00 horas co Grupo Master e cos DJs de Discomóbil CDC.

O luns actuará o grupo de música tradicional galega Garandoiro e haberá misas ás 9.00, ás 10.00, ás 11.00, ás 12.00, ás 13.00, ás 18.00 e ás 19.30 horas.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.