Dispositivo na rúa Carlos Casares de Santa Uxía para abrir a vivenda dunha persoa con problemas de saúde

29 Setembro 2025

Efectivos de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira (GAEM) foron informados a través do CIAE 112, na tarde deste domingo 28 de setembro, dunha emerxencia cidadá en Santa Uxía, no barrio das Avesadas. A emerxencia localizouse nun edificio da rúa Carlos Casares, onde as persoas participantes no dispositivo tiveron que proceder á apertura dunha vivenda por mor dunha persoa que necesitaba asistencia no seu fogar. Unha vez se accedeu ao seu domicilio a persoa foi trasladada a un centro hospitalario. O dispositivo estivo integrado por 061 Urxencias Médicas, persoal sanitario do PAC, Policía Local de Ribeira, Bombeiros Ribeira e Policía Nacional de Ribeira.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.