Comezaron en Ousoño as xuntanzas de O Goberno Escoita

19 Setembro 2025

Este sábado arrancou en Noia a iniciativa municipial O Goberno Escoita, e fíxoo cunha xuntanza coa veciñanza de Ousoño na que participaron representantes do novo Concello, por unha banda, e medio cento de veciños e veciñas, pola outra. No transcurso do encontro tratáronse de preto cuestións como o calendario de rozas, a limpeza, o subministro de auga para consumo doméstico ou o saneamento. O Executivo local agradeceu a presenza das veciñas e veciños e de todas as persoas “cantas participaron nesta primeira reunión do programa O Goberno Escoita, unha iniciativa de rendición de contas e información directa á cidadanía do Concello de Noia”. Dende o Consistorio anunciaron que en breve serán levadas a cabo novas xuntanzas veciñais nas parroquias, “porque escoitar á cidadanía é a mellor forma de seguir construíndo Noia entre todas e todos”, sinalaron.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.