A praia de Ornanda acolle este sábado a nova edición da Regata de Liga Nacional de Remo de Mar

15 Setembro 2025

A nova edición Regata da Liga Nacional de Remo de Mar vaise celebrar este sábado 20 de setembro no concello de Porto de Son, na praia de Ornanda (Miñortos), organizada polo Club de Mar de Noia, a Federación Galega de Remo e a Federación Española de Remo.

O inicio da proba, que inclúe a celebración do III Memorial José González Capeáns, está programado para as 9.30 horas, e haberá actividade de mañá e de tarde.

Máis información no Facebook de Club de Mar de Noia.

Co patrocinio de Iberdrola, competirán as seguintes categorías: cadete, xuvenil, absoluto e veterano (masculinas e femininas), e tamén as de promoción: alevín e infantil.

A proba é unha homenaxe a José González Capeáns, dos grandes colaboradores do Club Mar de Noia recentemente falecido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.