A iniciativa de diálogo cidadá do Concello de Noia recala esta semana na Barquiña

29 Setembro 2025

O programa itinerante de diálogo cidadá posto en marcha polo Concello de Noia para fomentar a máxima implicación da veciñanza dos distintos núcleos na actividade municipal, O Goberno Escoita, recala esta semana na Barquiña, tras as xuntanzas participativas celebradas en Ousoño e San Paio. Este mércores 1 de outubro ás 19:00h no Local Social da Barquiña, o alcalde e o equipo de Goberno estarán presentes para escoitar de primeira man as ideas e propostas para mellorar A Barquiña e o conxunto do municipio.

“Será un encontro aberto coa veciñanza para reforzar a transparencia e fomentar a participación cidadá”, avanzou o Concello, salientando tamén que se tratará “dunha oportunidade para coñecer de primeira man a realidade do concello e facer chegar directamente as túas inquedanzas”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.