A Creba conmemora o Día da Saúde Mental coa nova edición do seu premio literario e unha andaina solidaria

25 Setembro 2025

O 10 de outubro celébrase novamente o Día Mundial da Saúde Mental e a Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva do Barbanza, prepara a súa programación para continuar dando visibilidade ás diversas problemáticas que acompañan a saúde mental.

En primeiro lugar, A Creba volve lanzar este ano o seu certame literario Ecos da mente, II Concurso de Relatos Breves. que nesta edición enfoca a temática en como afecta a dixitalización da nosa vida (redes sociais, IA, xogos en liña,etc.) na saúde mental.

O certame divídese de novo en catro categorías de participación: diversa, adulta, adolescente e xuvenil e, coa colaboración da Concellería de Comercio do Concello de Ribeira, contan cun premio de 120€ para cada unha para investir no comercio de Ribeira. O prazo de presentación dos relatos será ata o 20 de outubro e as bases están publicadas na web municipal de Ribeira, ribeira.gal.

Seguindo a liña desta temática levaranse a cabo unha serie de charlas nos institutos do dito concello onde se reflexionará co alumnado sobre as consecuencias no benestar emocional das redes sociais, a Intelixencia Artificial, as horas que dedicamos a Internet, etc., incluíndo tamén a lectura do manifesto pola saúde mental nos centros o mesmo 10 de outubro.

Para rematar, Abraham Benítez, ribeirense coñecido pola súa labor como voluntario en diversas accións, organiza unha Andaina Solidaria pola Saúde Mental, onde os beneficios irán a favor de A Creba. O evento será o 11 de outubro e sairá dende a praza do Centenario (Ribeira) ás 11.00 horas. facendo un percorrido circular, adaptado para todas as persoas que queiran participar. As inscricións realízanse na mesma praza antes de comezar e teñen un custe de 5€ que irán integramente para a asociación.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.