A Asociación Arrancadeira achegará o baile tradicional á veciñanza da Pobra

05 Setembro 2025

Achegar o baile tradicional a veciños e veciñas de todas as idades. Ese é o obxectivo do obradoiro de baile que a Asociación Arrancadeira organiza en colaboración coas Concellerías de Mocidade e Cultura do Concello. Unha meta que se materializará con dúas sesións que se desenvolverán en setembro.

A primeira celebrarase o vindeiro mércores, 10 de setembro, ás 19.00 horas no campo de Cabío. A segunda e última levarase a cabo catro días despois, o domingo, 14 de setembro. Neste caso, celebrarase ás 11.30 horas na pista deportiva do local da Comunidade de Montes de Santo Isidoro de Postmarcos.

As actividades non están dirixidas a un perfil concreto, senón que están pensadas para todos os niveis e idades. O acceso é libre e gratuíto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.