A asociación Arnela comeza o curso achegando á rapazada á práctica da orientación deportiva

30 Setembro 2025

A Escola Deportiva de Orientación Arnela (asociación deportiva e cultural) achega co novo curso máis formación saudábel para a rapazada centrada na modalidade da orientación: unha actividade que combina a práctica física coa navegación na natureza ou, tamén, en espazos urbanos. A iniciativa vai dirixida a nenas e nenos de máis de sete anos e está adaptada a todos os niveis.

Para coñecer a actividade do ADC Arnela, a entidade celebra este 30 de setembro unha xornada de portas abertas.

Máis información a conta de correo adcarnela@gmail.com e nos teléfonos 650 939 055 / 646 373 657

A un nivel máis concreto, sinalar que a orientación consiste en que cada participante, coa axuda dun mapa e un compás, tense que orientar por camiños descoñecidos ata atopar, nunha orde determinada, os puntos de control que se marcaron sobre o terreo. O reto deberá facerse no menor tempo posíbel. Estes puntos de control poden ser balizas ou estar marcados de forma electrónica e adoitan situarse en zonas de difícil acceso.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.