O Concello de Noia compartiu información sobre a nova edición das Escolas Deportivas Municipais, que volven este curso con media ducia de actividades destinadas a incrementar a saúde, o benestar e o apoderamento da cidadanía: ximnasia postural, ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica, step, ioga e pilates.

O prazo de inscrición será do luns 1 de setembro ate o venres 5 de setembro, e faranse por sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal.
En caso de que a demanda superase a oferta de prazas, o método de selección será o sorteo público, non sendo un criterio a orde de entrada.
As actividades comezarán o 1 de outubro, dándose a comunicación de confirmación de praza do 22 ao 26 de setembro.
Os horarios dispoñíbeis para as actividades serán os seguintes:
Ximnasia Postural
Martes e xoves ás 11:00h.
Ximnasia de Mantemento
Martes e xoves ás 19:00h.
Ximnasia Terapéutica
Martes e xoves ás 09:00h ou ás 10:00h.
Step
Martes e xoves ás 20:00h ou ás 21:00h
Ioga
Luns e mércores ás 12:00h ou ás 22:00h
Martes e xoves ás 18:00h
Martes e venres ás 12:00h.
Pilates
Luns e mércores en horario de 09:00h, 10:00h, 11:00h, 18:00h, 19:00h, 20:00h ou 21:00h
Martes e xoves en horario de 19:00h, 20:00h ou 21:00h



