“Un agosto para lembrar”. Xosé González Martínez

04 Agosto 2025

O agosto de 1936 foi tráxico. Na memoria de moitas familias que viviron a desatada
represión exercida pola sublevación militar de 1936 provocara desolación e medo. Para
lembrar aqueles dramáticos días organicei un acto na Casa da Cultura do Concello de
Redondela. Participaron na mesa redonda catro persoas,víctimas da represión, que
sufriran aquela barbarie: Isaac Díaz Pardo. Isabel Ríos, Xosé Mosquera e Enrique Líste.
Antes, pola mañá, visitamos as illas de San Simón e San Antón, onde Mosquera e Manolo
Barros,concelleiro, estiveran recluídos en presidio.
Relataballe ao meu amigo ao pé da estatuta de Castelao as vicisitudes polas que tiven
que pasar en tempo de explendor cultural. Redondela era un facho que alumaba con gran
lucerío en Galicia polas súas iniciativas innovadoras, que tantas envexas provocara fóra e
dentro da cámara municipal, tanto polos que crían seren donos do discurso galeguista,
como aqueloutros alonxados del.
O grandioso monumento erixido a Castelao, obra do escultor Alfonso Vilar de seis metros
de altura,aproximadamente, feita por subscrición popular no que tanto empeño puxen
para que se construíse, preside a alameda, na que a Casa do Concello contribúe a
magnificar o espazo. Vexo ao canteiro Soliño subido nunha estada picando a
denominación do edificio como Casa do Concello, a primeira en Galicia con tal nome.
A Casa do Concello evocoume o espazo que ocupei, un modesto despacho no que coa a
única compaña de moitos libros, unha máquina de escribir e un teléfono, dei renda solta a
miña imaxinación e vontade de irradiar en Galicia un modelo cultural con moitas propostas
innovadoras para galeguizar as institucións públicas e a sociedade no seu conxunto. A
memoria do labor realizado está na avultada hemeroteca que conservo. Cando as moitas
ocupacións que aínda hoxe teño deixen de ser tan intensas dedicareime a escribir sobre
aqueles anos, sorteando os atrancos que intentaban alterar aquel exitoso ciclo
profesional.
Derrochei imaxinación para converter o Concello nun referente de galeguismo
institucional. Velaí están o premio de novela longa Eduardo Blanco Amor, primeira
inicitativa mancomunada; a primeira campaña de normalización lingüística realizada en
Galicia coas colaboracións de personaxes públicos que se puxeron ao meu dispor
cedendo os dereitos de imaxe. Conseguín a modificación do marco lexislativo para que a
lingua galega se puidese utilizar en distintos ámbitos da vida social; promovín reunións de
alcaldes para galeguizar as festas populares coa campaña das “Mil festas máis para a
lingua galega” e dinamizar a lingua galega nas actividades administrativas dos concellos,
que se denominou “Declararación dos alcaldes galegos a prol lingua galega”, dando nós
exemplo coa organización de cursos para o funcionariado e tradución do corpus
documental administrativo; demandamos da Audiencia Territorial que se ditase a primeira
sentenza en lingua galega despois de catroscentos cincuenta anos de proscrición. Grata
lembranza me produce tamén ter contribuído a crear o arquivo municipal, que non existía,
e de paso a organización doutros na provincia, mediando un curso para habilitar
funcionarios no Arquivo Histórico Provincial cando era Pedro López o seu director.

Deidiquei horas para que a festa dos Maios rexurdise. Cando me encargaron de
dinamizala, participaban sete grupos, anos despois chegaron a ser cincuenta e seis.
Hoxe síntome orgulloso de que Redondela teña un conservatorio municipal de música.
Todo empezou cunha aula de extensión do de Vigo. A píques estivo de ser pechada
“polos seu custo”, acusándome de ser o causante de tal dispendio económico.
Tempo haberá,como dixen, para escribir unha voluminosa monografía do realizado
naqueles anos.
Agosto é un mes para a lembranza colectiva, porque as festas festas multiplícanse; pero
tamén porque o franquismo matou afeito a milleiros de persoas. E no que a min toca,
porque pasei boa parte del detido e torturado na comisaría de policía de Vigo en 1975
pola miña implicación na política galega.

  • Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

+

“Eclipsados por magufos” – Lois Alcayde Dans

Xusto despois de que o sol se deixara ver de novo no ceo chegamos á casa e, un chisco antes de preparar a cea —énos este un particular luscofusco caseiro ben agardable, pois a luz azul que entra do patio fai máis acolledora a cociña, a casa permanece nese silencio...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.