“Transporte público de balde en Galicia: soñar non custa nada”. José Luis Calo

28 Agosto 2025

En Luxemburgo non pagan por coller o bus, o tren ou o tranvía. Suben, sentan, miran pola
xanela e listo. Sen pasar a tarxeta nin rebuscar moedas no peto. Alí decidiron que a
mobilidade non debía ser un negocio, senón un dereito. Cun investimento gordo, máis de
500 millóns de euros ao ano, convertéronse no primeiro país do mundo en facer o
transporte público gratis para toda a xente.
E un pensa: ¿e por que en Galicia non? Aquí tamén temos cidades ateigadas de coches,
aldeas mal comunicadas e un feixe de xente que depende do bus escolar, da liña comarcal
que pasa cando lle peta ou do tren que se queda parado en Ourense máis do que se move.
Pero claro, logo lembramos que isto é Galicia. Se Luxemburgo ten 640.000 habitantes, nós
temos o triplo. E en vez dun país pequeno e plano, temos unha terra chea de montañas,
curvas, aldeas espalladas e parroquias que parecen illas no medio do océano. Poñer buses
de balde estaría ben, pero primeiro habería que garantir que haxa bus que poida chegar,
porque non se pode subir a un vehículo que nunca pasa.
Imaginemos por un intre: Compostela sen coches na praza de Galicia, Vigo cos buses
urbanos a rebordar de estudantes e traballadores, as aldeas da Costa da Morte conectadas
sen ter que depender do coche particular. Todo o mundo movéndose sen pagar un euro.
¿Que pasaría? Pois que máis xente deixaría o coche na casa, que baixarían os fumes nos
nosos vales e que a vida sería un chisco máis doada para quen ten o peto apertado.
Agora ben, a pregunta é: quen paga a festa? Porque en Galicia, para arranxar unha estrada,
xa botamos anos de espera. E cando se fala de investimentos, sempre aparece alguén
dicindo que “non hai cartos”. Pero logo si que hai para proxectos faraónicos, eventos de tres
días ou propaganda institucional. Igual é cuestión de prioridades.
Eu teño claro que o futuro pasa por un transporte público forte, accesible e, se pode ser,
gratuíto. Pero tamén sei que aquí, en lugar de preguntar “cando imos facelo”, moitos dirán
“quen vai pagar iso”. Pois eu respondo con retranca: pagámolo entre todos, coma sempre,
pero polo menos o beneficio tamén sería para todos.
Se Luxemburgo puido, ¿por que Galicia non? Ao mellor o segredo non é ser rico, senón ter
vontade política e pensar que a mobilidade da xente é tan importante como inaugurar
rotondas.

Soñar non custa nada. E se algún día o bus tamén fose de balde, daquela si que Galicia sería
un país de conto.

Por José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.