Santiago lembra a Ánxel Casal no 89 aniversario do seu fusilamento

19 Agosto 2025

O Concello de Santiago conmemorou este 19 de agosto o 89 aniversario do fusilamento de Ánxel Casal, alcalde republicano da cidade asasinado en 1936 en Cacheiras tras o golpe militar. O acto institucional contou coa presenza da alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín; o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril Ramos; e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, en representación das tres localidades vencelladas aos últimos momentos da vida de Casal.

Diario de Santiago

Sanmartín reivindicou o legado do histórico rexedor asegurando que construír a Compostela que el soñou “non é só un xesto simbólico, senón un compromiso diario”. A rexedora subliñou que “esquecer é traizoar a quen nos fixo ser quen somos” e agradeceu o labor das entidades que manteñen viva a memoria histórica.

Durante a súa intervención, a alcaldesa puxo como exemplo desa vontade de lembrar a recuperación das esculturas románicas do Mestre Mateo, que regresarán ao patrimonio público tras unha longa batalla xudicial, así como a creación das marcas Compostela é Memoria e As mil Marías, iniciativas municipais que buscan visibilizar ás mulleres represaliadas e manter vivo o fío da historia.

O acto contou coa música do grupo Carapaus e coa presenza de representantes de asociacións de memoria histórica, concelleiros de Compostela e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López.

A xornada conmemorativa completouse coa participación de Sanmartín na ofrenda floral celebrada no monólito da Estivada da Ribeira, en Teo, lugar no que apareceu o corpo de Casal en agosto de 1936.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.