Rueda anuncia a primeira convocatoria de axudas dunha nova liña para impulsar o relevo xeracional na pesca

11 Agosto 2025

A Xunta destina este ano máis de 12 millóns de euros á formación náutico-pesqueira e ensinanzas pesqueiras, e conta con máis de 500 persoas matriculadas nas ensinanzas regradas que se imparten nos catro centros formativos cos que conta a Consellería do Mar: o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, as Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura en Vilanova de Arousa.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe nunha visita en Cangas ao buque Eirado do Costal a primeira convocatoria de axudas desta nova liña para o fomento do relevo xeracional centrada especificamente no eido marítimo-pesqueiro.

Rueda, que estivo acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, sinalou que con esta iniciativa pioneira se busca que todos os que teñen vocación de enrolarse e ir ao mar poidan comezar a súa andaina profesional, ao tempo que se axuda ás empresas armadoras a acollelos. O presidente incidiu en que “non podemos perder a referencia dun nosos sectores económicos fundamentais e para que siga tendo vida é necesario que se sigan incorporando persoas”.  

Tal e como adiantou Rueda, está previsto que esta nova orde se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) esta mesma semana, concretamente o xoves. O obxectivo é contribuír á incorporación de novos traballadores cualificados ao sector facilitando o embarque que precisan os estudantes para completar a súa formación cos chamados días de mar.

Durante a visita desta mañá, o responsable do Executivo galego agradeceu aos responsables da empresa Moradiña, armadora do Eirado do Costal, polo seu compromiso coas novas xeracións de profesionais do sector do mar. Neste sentido, sinalou que compañías coma esta “son fundamentais para lanzar esta mensaxe e que moita xente nova vexa que aquí hai un futuro”.

O presidente autonómico, que sinalou que o sector “ten moitos desafíos”, salientou que espera que o novo programa anunciado hoxe contribúa “a que os estudantes poidan ter esa primeira experiencia e que a tradición mariñeira de Galicia se manteña con sabia renovada”.

Grazas a este programa, que conta cun orzamento inicial de 350.000 euros, as empresas armadoras recibirán unha axuda para sufragar os gastos nos que incorren cando acollen estudantes que realizan as prácticas. Así, as axudas cubrirán os gastos de manutención e os de equipamento e roupa de traballo, cun máximo de dous estudantes por barco e período de embarque.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.