Arrasada por un incendio unha nave de Vilagarcía que comercializa o popular raticida Ratibrom e que obrigou a activar o PLATERGA

09 Agosto 2025

Para mobilizar os recursos necesarios máis alá da área de referencia do concello de Vilagarcía e facilitar a coordinación durante a intervención, a Xunta de Galicia procedeu a activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) en nivel 1.

O aviso recibíuse ás 11:00 horas do sábado a través da chamada dun particular ao 112 Galicia, que informou dun incendio nunha nave de material fitosanitario situada na Avenida de Pontevedra.

De inmediato, puxéronse en marcha os operativos formados polos Bombeiros de Vilagarcía, Ribadumia e Baixo Miño, efectivos do Servizo de Medio Rural, Emerxencias Vilagarcía, Policía Nacional e Local, Garda Civil e o Grupo de Apoio Loxístico (GALI), que mobilizou unha cisterna de gran capacidade para reforzar as tarefas de extinción.

Ata o momento, desaloxáronse 22 vivendas —sete delas debido ao fume e as restantes pola proximidade ao incendio—, o que afecta a entre 30 e 40 persoas. Ademais, o lume permanece controlado no seu perímetro.

Actualmente, os medios continúan traballando no lugar. A nave colapsou por completo e seguen producíndose pequenas explosións debido ao material almacenado no seu interior, pero a evolución do incendio é favorable e os valores da calidade do aire mantéñense dentro da normalidade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.