O diario dixital “obarbanza.gal”, segue a crecer situándose no segundo medio de comunicación da comarca no que se refire a información local. No mes de xullo chegou a unha media diaria de 11.780 siareiros con picos que superan as 21.000 visualizacións nalgunhas das súas redes sociais e unha media web de 5.284 lectores/día en xullo con picos de 22.000.
En porcentaxe da web o 38,7 por cento dos lectores proceden de Ribeira, seguido de Boiro cun 20,2 %, A Pobra e O Son cun 12 % cada un dos concellos e o resto repartese entre Rianxo, Noia, Lousame, Dodro, Muro, Santiago a península e o exterior.
Preciamente os países con presenza de veciños da comarca son os que contan con maior número de siareiros. Así despois do noso país, Estados Unidos, Noruega, Suecia, Irlanda, Portugal, Suíza, Francia, Reino Unido e Arxentina os os maís destacados.

O mes que rematou serviu un total de 655,640 novas cunha media/día de 21.132, na web. e a rede facebook chega xa a picos de 21.000 visualizacións/día.
No que se refire á nosa edición mensual que chegou o número 77, segue a distribuir estes meses de xullo e agosto 10.000 exemplares que se reparten de balde en 10 concellos e que conta a mais con preto de mil descargas na súa edición pdf da rede.
Tamén a sección de opinión conta con centos de lectores e a que cada vez vanse incorporando veciños da comarca que queren cos seus comentarios e denuncias achegar o seu sentir.
Grazas polo apoio, a difusion e a colaboración e esperamos seguir contando co voso seguimento. Lembrade o noso mail de contacto redaccion@obarbanza.gal e o noso whatsapp 608 24 01 60.
O equipo de O Barbanza.




