O “Stephen King da Arousa” adica unha historia a unha nena transplantada

01 Agosto 2025

Manuel Losada, coñecido como “o Stephen King da Arousa” polo seu estilo único en relatos de terror e misterio, vén de compartir nas redes a que é, nas súas propias palabras, “unha historia moi especial e real”. Desta volta, o escritor afincado en Boiro creou un relato inspirado na vida de Paula, unha nena de 11 anos que superou un transplante de corazón, cun texto que, segundo avanza o propio novelista, “mestura o suspense e o terror cunha mensaxe esperanzadora e chea de amor”.

O relato describe a atmosfera inquietante dun hospital, a presenza dun ente escuro que ameaza con arrebatarlle o novo corazón e a intervención dun anxo protector que simboliza o don de vida recibido. Máis que un simple conto de terror, esta historia é unha homenaxe á doazón de órganos e á esperanza que pode salvar vidas.

Manuel Losada comenta: “Emocióname poder contar historias que non só entreteñen, senón que tamén acompañan e dan voz a experiencias reais de persoas valentes como Paula e a súa familia. É unha honra dedicar este relato a eles e lembrar a importancia do amor e a solidariedade.”

A historia engaiolou a centos de seareiros das historias de Manuel Losada en redes sociais, por exemplo no Facebook, onde comparte cada pouco relatos breves que complementan a publicación de novelas e outros libros en formato tradicional.

Recentemente o escritor afincando en Boiro colleitou outro gran éxito éxito literario con El banco de Carmen, ambientado na súa terra de adopción e presentado, con gran afluencia de público lector, no Pazo de Goiáns.

Losada, natural de Pontevedra pero barbanzán de adopción, é novelista e xornalista, ademais de afeccionado ao xénero de misterio, terror e fantasía, sendo Stephen King unha das súas principais influencias. É autor de novelas de éxito como A fábrica do esquecemento, O que os meus ollos non vían, O misterio da illa de Cortegada, Trampa na Rede ou El banco de Carmen. A pesar de ser a literatura a súa gran paixón, traballou ao longo da súa vida na administración pública e no sector da seguridade privada, un posto que lle deu o impulso definitivo para empezar a escribir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.