Manuel Losada rende homenaxe a Boiro e a súa xente na súa novela de intriga “El banco de Carmen”

04 Marzo 2025

Manuel Losada, escritor afincado en Boiro, estivo o venres 28 de febreiro no Pazo de Goiáns para presentar unha novela ambientada na súa terra de adopción: El banco de Carmen. Fíxoo acompañado da concelleira de Cultura, María Outeiral, da estudante de Xornalismo, Elena Suárez, e dun auditorio ateigado de público.

A cita literaria tamén foi unha cita musical, xa que se contou coa presenza da cantante Elisabet Lustres na xornada de presentación.

Segundo lembrou o autor, El banco de Carmen é “unha historia de suspense ambientada en Boiro e que conta con personaxes reais”. De feito, algúns destes personaxes estiveron presentes na cita literaria do Pazo de Goiáns, e cadansúa contribución á novela foi recoñecida cun premio (unha estatuíña) seguindo os formato dos festivais cinematográficos de maior renome (por exemplo os premios Óscar, cuxa gala 2024-25 xa iniciara o venres a súa conta atrás). En total, entregouse unha ducia de premios.

Manuel Losada. que leva sete anos vivindo en Boiro, cóntanos neste libro a historia dunha rapaza que, logo dunha noite de festa, queda a durmir nun banco.

Sinopse

Para Carmen, as noites de festa xunto aos seus amigos en Boiro (A Coruña) eran unha vía de escape ás presións da universidade, a familia e o futuro incerto. Con todo, unha decisión equivocada cambiará o seu destino para sempre. Tras unha noite de diversión e excesos, Carmen queda durmida nun banco mentres os seus amigos, sen sospeitar o perigo, deciden continuar a festa sen ela. Cando volven buscala, Carmen desapareceu. O que parecía unha simple imprudencia xuvenil convértese nun pesadelo que sacudirá a toda a comunidade. A medida que a investigación avanza, o inspector Francisco Alcalde descobre un armazón de segredos, mentiras e personaxes poderosos que farán o imposíbel por enterrar a verdade. Mentres os seus amigos loitan contra a culpa e o remorso, no aire flota unha pregunta imposible de ignorar: quen levou a Carmen aquela noite e por que?

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...