O luns 1 de setembro abren as preinscricións dos Obradoiros 2025/26 para persoas maiores

29 Agosto 2025

O Concello de Ribeira, a través do tenente de alcalde Vicente Mariño, acompañado da coordinadora de Servizos Sociais, Francisca Vidal, presentou este venres os novos obradoiros gratuítos para o curso 2025/26 que serán impartidos en tódalas parroquias de Ribeira no marco do Programa de Dinamización e Promoción Social para Persoas Maiores da dita Concellería.

Mariño comezou informando que a preinscrición xa comeza o vindeiro luns 1 de setembro, e indicou que o que se busca con este programa de dinamización “é promover o envellecemento activo e intentar paliar dentro do posíbel o illamento social que os nosos maiores poidan ter, e así incentivalos a relacionarse con outros veciños e veciñas facendo unha serie actividades físicas, cognitivas e artísticas para así mellorar a súa calidade de vida”.

Os obradoiros comezarán o 1 de outubro e finalizarán a mediados de xuño de 2026, o concelleiro de Servizos Sociais informou que “nesta edición auméntase o número de días nos obradoiros”.

Mariño tamén valorou o custo dos obradoiros: “A realización destes obradoiros ascenden a uns 40.000 euros e en conxunto das actividades que realizamos para maiores durante todo ano suma preto de 110.000 euros do cal procuramos ir aumentando cada ano”.

O concelleiro informou dos obradoiros desta nova edición:

· Aula sociocultural para maiores (memoria) en tódalas parroquias.

· Enriquecemento educativo (reforzo) en Aguiño e Ribeira.

· Lingua e cultura galega (Servizo de Normalización) en Ribeira

· Conversa en inglés A2 B1, nesta edición aumentarase 15 minutos e impartirase en Ribeira

· Artes plásticas en Ribeira e Aguiño

· Taek-Health en Ribeira e Aguiño

· Ximnasia adaptada en tódalas parroquias do Concello

A maioría dos obradoiros serán impartidos por persoal do concello e tamén se disporá de dúas psicólogas. Vicente Mariño animou aos veciños de tódalas parroquias a anotarse aos obradoiros e significou que “ano a ano aumentou o número de usuarios chegando o ano pasado a máis de 450 persoas”.

A coordinadora dos Servizos Sociais recalcou que estes cursos van dirixidos a persoas maiores de 60 anos que estean empadroados en Ribeira e que sexan pensionistas de xubilación ou pensionistas por outros conceptos.

A preinscrición está xa pendurada na web do Concello, os interesados deben acudir ás dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.