O Centro Social de Outes acollerá en setembro un curso de conservas caseiras

20 Agosto 2025

O Centro Social vai acoller os días vindeiras un curso de conservas caseiras para mostrar á veciñanza as mellores técnicas de elaboración de alimentos e conservación con produtos propios ou da contorna.

Celebrarase os días 16 e 17 de setembro, en horario de mañá: de 9.30 a 12.30 horas. Será unha actividade formativa de balde.

Os contidos das sesións inclúen o seguinte: elaboración e conservación de remolacha con mostaza, de berenxena marinada, de paté de pementos, de pataca doce (boniato) para almorzos, de bebidas enerxéticas e de froitos secos con verduras.

Cómpre formalizar a inscrición no Centro Social de Outes ou contactar a través do teléfono de información 981 850 575.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.