O BNG conmemora o Día da Galiza Mártir cun Roteiro da Memoria en Ribeira

20 Agosto 2025

O Bloque Nacionalista Galego organiza este venres, 22 de agosto, a partir das 20:00 h., na rúa Alexandre Bóveda de Ribeira, un Roteiro da Memoria co gallo do Día da Galiza Mártir, un acto reivindicativo para honrar a memoria daqueles que deron a vida pola liberdade e os dereitos do pobo galego e para reflexionar sobre a vixencia do seu legado.

No acto participarán os militantes Rafael Pazos, Xana Ledo, David González, a concelleira Antía Alberte, o profesor Xan Ermida e o alcalde Luís Pérez.

“O exemplo de Alexandre Bóveda segue vivo, como unha semente que se transmite de xeración en xeración; a súa dignidade, o seu compromiso cunha Galiza xusta e soberana, é algo que debemos ter presente”, sinalou Rafael Pazos, responsábel do BNG na localidade.

Este encontro pretende ser “un espazo aberto á participación cidadá, onde a memoria colectiva sexa instrumento de compromiso e mobilización en favor dos dereitos, a soberanía e a dignidade da nosa terra”.

A lembranza de Alexandre Bóveda ou Castelao, símbolos de Galiza pero tamén a ribeirenses como Lustres Rivas e outras persoas represaliadas. “Isto non só é unha reivindicación histórica: é a chispa que nos impulsa a construír un futuro onde Galiza poida decidir sobre os seus recursos e destino e construír unha sociedade asentada en valores democráticos”, engadiron dende a agrupación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.