Mar colabora coa Confraría de Aguiño con máis de 163.000 euros para proxectos de mellora de equipamentos e de xestión

25 Agosto 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Vázquez, visitou este luns 25 de agosto a Confraría de Pescadores de Aguiño onde destacou a “estreita colaboración” entre a Administración autonómica e o pósito “materializada en máis de 163.000 euros en investimentos este ano ao abeiro das diferentes liñas de axuda da Consellería do Mar”, dixo, detallando que estes recursos permitiron mellorar as condicións hixiénico sanitarias da lonxa así como afondar na xestión e conservación dos recursos mariños, reforzando así a competitividade e sostibilidade da actividade pesqueira na zona mediante a contratación de catro vixilantes e a asistencia técnica. Vázquez lembrou que este ano tamén foi desenvolvida unha acción de recuperación do substrato areoso en bancos marisqueiros mediante remoción controlada e medidas de conservación sostíbel.

Estas iniciativas, dixo, “dan continuidade as desenvolvidas en anos anteriores con apoio da Xunta como a posta en marcha o ano pasado para a recuperación do stock da ameixa babosa nas autorizacións marisqueiras da Confraría de Aguiño”.

Ademais, engadiu que no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) acometeuse a reforma da Casa do Mar que supuxo a renovación da súa cuberta, a eliminación de humidades no seu interior, a introdución dun novo acceso e a habilitación de dúas novas cun investimento de 200.000 euros.

Unha colaboración que alcanza o ámbito da investigación coa participación do pósito no proxecto Calimar, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e realizado no marco da rede de colaboración entre o sector pesqueiro e os centros de investigación mariña autonómicos, Redemar. O obxectivo é estudar o impacto da contaminación química e microbiana na produción de bivalvos.

A directora xeral aproveitou a visita á Confraría de Aguiño para manter unha reunión con representantes coa finalidade de analizar as necesidades específicas dos profesionais do mar da zona. Ademais, tamén abordouse o estudo e deseño de novas medidas que permitan reforzar a actividade pesqueira e marisqueira, estratéxica para Galicia, cun gran impacto en termos económicos e de emprego nas comunidades costeiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.