Este sábado celébrase en Manselle o Campionato de Bolos Festivalo 2025

21 Agosto 2025

A organización do Festivalo, cuxa nova convocatoria celebrarase o próximo mes de setembro en Manselle (Dodro), lanza a edición 2025 do Campionato de Bolos Festivalo. O vindeiro sábado 23 de agosto a partir das 17h vaise celebrar o campionato de bolos por parellas no campo de bolos de Manselle. Ademais do propio campionato haberá musica a cargo de Maruxa e Coralia Dilleis.

Amais, habilitarase unha cantina con petiscos e bebidas para todos os asistentes hasta esgotar existencias. Ao remate “seguirá a festa aproveitando que este fin de semana non hai ningunha no concello”, sinalou a organización do Festivalo, engadindo que o campionato contará con liga e fase eliminatoria con trofeos para a mellor parella, segunda clasificada e mellor bolada.

O custe da inscrición será de 3 euros por parella e poderase facer cinco minutos antes do comezo da competición.

Todo o recadado será para financiar o Festivalo 2025.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.