Comeza este luns o repintando das marcas viarias na avenida do Malecón, en Ribeira

18 Agosto 2025

Este luns 18 de agosto, tralo asfaltado levado a cabo recentemente, Portos de Galicia acometerá o repintado das marcas viarias na avenida do Malecón de Ribeira, segundo confirmou a Policía Local, engadindo que ” dende as 06:00 horas estará prohibida a parada e o estacionamento en ambas marxes do carril de circulación en dirección á Rotonda de Capitanía Marítima”. Amais, durante as tarefas de pintado, a circulación polo dito carril desviarase na rotonda das Amas de Casa, polo interior da zona portuaria, agás para o transporte público e os servizos de emerxencias.

Por outra banda, avísase aos profesionais do transporte de mercadorías e paquetería que teñen á súa disposición, como zona reservada, a actual zona exprés do mercado dos Sábados, localizada na avenida do Malecón.

Dende a Policía Local de Ribeira solicitan “a colaboración dos condutores para retirar con antelación os vosos vehículos da zona afectada”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.