Este martes 26 de agosto vaise celebrar un espectáculo infantil e familiar para a rapazada de Boiro. Serán en praia Xardín, a carón do Edificio das Colonias e virá da man de Asacocirco, a partir das 20.30 horas.
Asacocirco Show é un espectáculo para todos os públicos que nace da tolemia e idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito,os dous clowns deste divertido mini circo. Mirroska explosiva e provocadora nata, que fai da ironía o seu medio de expresión, Juanito, un neno grande que é en si mesmo un cocktail de técnica e humor, da fusión destes dous pallasos e o público, créase a maxia do teatro de rúa, con risas aseguradas. Combinan humor, e destreza física a partes iguais, todo con moito técnica, ritmo e poucas palabras.




