As axudas da Xunta posibilitan a rehabilitación de 8 vivendas de titularidade municipal en Rianxo para alugueiro accesible

02 Agosto 2025

o Goberno galego concedeu achegas que suman máis de 250.000 € para a rehabilitación dos 2 edificios que albergan estes fogares en Rianxo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou hoxe en Rianxo 8 vivendas rehabilitadas ao abeiro do Programa de rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal da Xunta.

M. Allegue destacou a aposta do Concello por recuperar antigas vivendas de mestres a través destas achegas para acadar fogares en alugueiro accesible, que neste caso oscilarán tres 28 e 250 €. O Goberno galego concedeu axudas que suman máis de 250.000 € para a renovación dos dous inmobles, que datan dos anos sesenta.

Neste ano 2025, a través do citado programa, concedéronse achegas a 24 concellos galegos que permitirán rehabilitar 39 vivendas, cun investimento total da Xunta de 1,8 M€.

M. Allegue destacou que a Xunta ten a man tendida a todos os concellos, xa que “todos temos competencia e a responsabilidade de facer todo o esforzo que estea nas nosas mans para atallar o problema do acceso á vivenda”.

Os fogares visitados están renovados ao abeiro das axudas para a rehabilitación de inmobles de titularidade municipal, que poden acadar ata o 95 % do orzamento das obras.

Por outra banda, Allegue destacou que segue aberto ata o 15 de outubro o prazo de solicitudes para as axudas para adquisición de vivenda entre mozos menores de 36 anos en municipios de menos de 10.000 habitantes e en cascos históricos. En Rianxo concedéronse 4 correspondentes a ambas liñas.

Fogar Vivo

A conselleira subliñou que outra das liñas de traballo da Administración autonómica é recuperar vivendas baleiras a través do programa Fogar Vivo, en prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de outubro, e que incentiva con achegas de ata 16.000 € aos propietarios para que as poñan de novo no mercado, dos que 11.000 serán para rehabilitación e mellora da vivenda, incluíndo como novidade os gastos para renovar electrodomésticos.

Se a vivenda se aluga a mozos e mozas menores de 36 anos, persoas con fillos menores a cargo ou unidades familiares con persoas dependentes haberá unha axuda adicional de 2.000 euros, sempre que se obtivera a axuda de rehabilitación e mellora da vivenda. Por último, os propietarios poderán solicitar, independentemente de que fagan reformas, 3.000 € para un seguro de impagamento e/ou multirrisco.

A Xunta poderá realizar pagamentos anticipados, ata nun 80 %, aboándose o 20 % restante coa xustificación final da obra. O obxectivo é que o propietario poida dispor de maior flexibilidade para a realización das actuacións.

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.