Abertas as inscricións para a XXIV Subida ao Castro Barbudo 2025

11 Agosto 2025

O Concello de Rianxo informou de que xa están abertas as inscricións para a XXIV Subida ao Castro Barbudo 2025. Será o domingo 7 de setembro e haberá dúas modalidades: BTT para quen goza sobre dúas rodas (XXIV edición) e andaina (VI edición) para quen prefire camiñar e respirar monte. As inscricións poden formalizarse a través da web Emesports.

O número máximo de inscricións para cada proba é de 110.

Organizan a Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. Tanto a Subida como a Andaina celebraranse o domingo 7 de setembro con saída de Campo de Pasos–Taragoña e chegada o Campo Maneiro. Arrincarán ás 09 horas. A ruta encádrase como proba de Cicloturismo-BTT/Andaina, e é un “exercicio físico con fin lúdico, turístico e cultural, o que exclúe expresamente a competición”, sinalan dende a organización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.