A Romaría das Cabesas 2025 da parroquia de Fruíme virá con tres días de festa: do 20 ao 22 de setembro

26 Agosto 2025

A parroquia de Fruíme celebra este mes de setembro, os días 20, 21 e 22, a súa tradicional Romaría das Cabesas, con actividades relixiosas, concertos a diferentes horas do día e propostas de lecer e diversión para a rapazada. Os festexos están organizados pola Comisión de Festas de Fruíme e contan coa colaboración do Concello de Lousame.

As festas arrincan o xoves 18 e o venres 19 con misas triduo ás 19.00 horas. O sábado 20 comezará cunha misa adicada á Virxe das Dores, ás 13.15 horas, e pola tarde con inchábeis gratis para a rapazada a partir das 17.00 horas. Haberá ás 19.00 unha nova misa triduo e pola noite verbena con Disco Móbil MG, Leticia Sabater e La Noche.

O domingo 21, adicado a Santa María da Cabeza, contará con misas a diferentes horas da mañá: ás 9, ás 19, ás 11 e ás 12h. Ás 13h está prevista unha misa solemne na honra de Santa María da Cabeza con procesión. Ás 14h celebrarase unha sesión vermú con JB Son e logo haberá pinchos con empanadas de balde. Ás 19h haberá unha nova misa solemne adicada a Santa María da Cabeza, e pola noite verbena con JB Son. A xornada festiva rematará cunha tirada de fogos artificiais.

O luns 22 estará adicado a San Antón e San Roque. Arrincará con dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Trécola e logo haberá unha misa solemne ás 13h adicada a Santa Antón, con procesión. Ás 14h está programada unha sesión vermú con Trécola.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.