A compañía galega A Cova das Letras e a portuguesa Red Cloud estrean novos espectáculos este venres 15 no Titiriberia

14 Agosto 2025

O festival de monicreques tradicionais Titiriberia, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebra en Rianxo a súa décima edición entre o 12 e 17 de agosto. Este ano, o programa incluirá unha trintena de espectáculos da man de 19 compañías procedentes de Galicia, Portugal, Euskadi, Navarra, Aragón e Valencia. O programa para este venres 15 de agosto inclúe cinco funcións, dúas delas estreas.

A actividade comezará ás 11.30 horas no Auditorio de Rianxo co espectáculo Alfombra Máxica, da compañía Babaluva. Trátase dun espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo: un espectáculo-instalación elaborado para favorecer o xogo que nos incita a deixarnos levar polos sentidos.

A praia de Tanxil recibirá a compañía galega A Cova das Letras ás 13.00 horas. A formación estreará a súa nova montaxe: Costureiriña bonita. Unha peza inspirada nas costureiras e modistas dos anos sesenta para amosar como este oficio foi evolucionando ao longo do tempo. A partir de testemuñas reais que se dedicaron ao oficio e de coplas e cantos pertencentes á tradición oral, a proposta convida a viaxar no tempo, a épocas e lugares máxicos a través da confección do vestiario. A Cova das Letras ofrecerá unha segunda función ás 19.30 horas no Campo da Bacariza, en Isorna.

Ás 21.00 horas, o Auditorio de Rianxo acollerá a estrea de Bonecos, obra da compañía lusa Red Cloud dirixida por Quico Cadaval. A peza propón unha creación que absorbe diversas influencias culturais de historias de orixe africana con monicreques portugueses, europeos e africanos. Hai moitos anos, cando os animais vivían xuntos na mesma aldea, moitos se disfrazaban de humanos para escapar dos cazadores, e había humanos que se transformaban en animais para esconderse doutros depredadores, como o lobo, e así atacar mellor as presas. 

Ás 22.30 horas, no Campo de Arriba, actuarán Toti Martínez de Lecea, Gorka Hermosa, Edurne Zabalo (Euskadi) coa peza Brujas y Brujerías. Espectáculo musical no que se recolle a herdanza e a tradición, os aquelarres, as lendas. Todo para contar o que foi e será a muller na nosa historia.

Ademais, a xornada complétase coas actividades na Feira Vella, situada no Campo de Arriba. Entre ás 18.00 e as 20.00 horas, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Reunirá unha colección de xogos populares e atraccións tradicionais de feira que se instalarán na praza do Campo de arriba e estarán a disposición do público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.