Sábado 12, o aire frío manterá a inestabilidade en Galicia

11 Xullo 2025

Galicia continuará este sábado baixo os efectos do aire frío en altura, o que favorecerá a persistencia da inestabilidade atmosférica.

Durante a mañá agárdase moita nube baixa, especialmente na metade oeste do país, mentres que no leste haberá máis claros. Co avance do día, formaranse nubes de evolución que darán lugar a chuvascos localmente treboentos nas zonas do interior.

No litoral atlántico, as brétemas costeiras volverán facer acto de presenza ao longo da xornada, podendo reducir a visibilidade en puntos do litoral.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un leve ascenso respecto á xornada anterior(24graos). Os ventos soprarán en xeral frouxos, con compoñente oeste-suroeste.

Recoméndase precaución nas zonas interiores ante posibles treboadas e nas estradas costeiras pola presenza de néboas.

O domingo unha fronte pouco activa afectará a Galicia, deixando un aumento de nubes e algunhas precipitacións febles tipo orballo, máis probables pola mañá e canto máis ó oeste e ó norte.

Sábado:

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá, boa á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á tarde e 0 a 0.5 metros á noite.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.