A Asociación de Empresarios do Barbanza emitiu un comunicado no que informa de que unha parte dos comercios asociados á entidade, xunto coa Praza de Abastos, abrirán as súas portas este 24 de xullo, Día da Dorna e festivo local.
Explican o seguinte: “Con motivo do festivo local do xoves 24 de xullo, e no marco das celebracións das Festas da Dorna, algúns establecementos comerciais, así como a Praza de Abastos, permanecerán abertos ao público en horario de mañá. Esta medida busca facilitar as compras tanto a veciños como a visitantes nuns días de gran afluencia polas rúas, e especialmente tendo en conta que o venres 25 de xullo (Día de Galicia) tamén será festivo, o que supón dúas xornadas consecutivas non laborábeis”.




