O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

12 Xullo 2025

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes Agrupados), socios de goberno de Freire.

A razón central da reprobación foi a considerada pésima xestión das obras da Praza de Abastos, un proxecto estratéxico para a vila que leva máis de tres anos en situación de abandono e con múltiples deficiencias. A actuación, adxudicada en 2021 por 1.008.233,10 € sen revisión de prezos, acumula 17 certificacións por valor de 939.714,99 €, malia que moitas das intervencións previstas non foron executadas.

A oposición propón medidas urxentes:

  • Instalación dunha cámara frigorífica para manter a cadea de frío nas fruterías.
  • Adecentamento dun posto usado como oficina, adaptándoo a uso profesional.
  • Creación dun obrador.
  • Redacción e execución dun proxecto de remate integral da planta baixa e do perímetro superior, segundo o deseño orixinal.
  • Informe técnico independente que determine as desviacións entre o proxecto e a execución, de cara á depuración de responsabilidades.

Estas medidas están consensuadas coa directiva da USPAN e cos propios usuarios da Praza.

Desde a oposición reclaman transparencia, compromiso e acción inmediata: “A Praza de Abastos, corazón do comercio local, non pode seguir sendo vítima da incompetencia e da inacción”, sinalan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.