O Laboratorio Ecosocial do Barbanza lanza un proxecto educativo para coidar os montes veciñais: Escola Aberta e con Fume

02 Xullo 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza puxo en marcha un novo proxecto: Escola Aberta e con Fume, unha iniciativa educativa que busca introducir
nos centros escolares de Galicia actividades e contidos vinculados aos montes veciñais, recoñecendo a súa importancia territorial, cultural e
ambiental. Forma parte do traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza está coordinado pola Fundación Montescola.

A proposta nace da necesidade de achegar ao alumnado unha realidade que ocupa arredor dun cuarto do territorio galego e que representa un modelo singular de propiedade colectiva e xestión democrática directa, exercida pola propia veciñanza.

O proxecto está coordinado pola Fundación Montescola no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, unha iniciativa máis ampla centrada en promover a transición ecolóxica e a resiliencia territorial na comarca.

O Laboratorio está financiado coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU.

Bases da iniciativa

As comunidades de montes veciñais constitúen unha das formas máis vivas e transformadoras de xestión comunitaria do territorio, e posúen un enorme potencial para repensar o uso da terra en clave de sustentabilidade, como oportunidade para avanzar cara a formas de xestión máis sostíbeis
e comunitarias, superando enfoques centrados exclusivamente na explotación produtiva do territorio. Para o Laboratorio, “resulta fundamental que as xeracións máis novas —futuras comuneiras— coñezan, valoren e se vinculen co seu territorio desde a escola”.

Escola Aberta e con Fume ofrece un formato flexíbel e adaptábel, tanto para educación primaria como secundaria, cunha estrutura graduada en diferentes niveis de concreción. En función das posibilidades de cada centro, o profesorado pode optar por realizar unha intervención puntual ou desenvolver o programa completo. “En todos os casos, o proxecto propón unha ferramenta educativa útil para conectar a escola co seu contexto socioambiental, favorecendo no alumnado o interese polo lugar que habita e contribuíndo ao desenvolvemento da identidade e do arraigo comunitario”, engade o Laboratorio, apuntando que “tanto a proposta para primaria como a de secundaria inclúen un caderno de actividades como
complemento á visita inicial a un monte veciñal” e que “estes materiais, elaborados pola Fundación Montescola, permiten consolidar e profundar nos contidos e nas dinámicas educativas do proxecto”.

Os centros interesados poden solicitar exemplares impresos ao Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que os distribúe de balde (até esgotar existencias).

Ademais, os cadernos e outras publicacións realizadas no marco do proxecto están dispoñíbeis para descarga gratuíta na biblioteca dixital da web do Laboratorio.

Máis información a través do info@barbanzaecosocial.org ou no 881 150 071.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.