O 15 de agosto celébrase o V Memorial Magic Mourís na praia das Gaivotas

31 Xullo 2025

A praia das Gaivotas en Porto do Son vai acoller o vindeiro 15 de agosto a quinta edición do Memoria Magic Mouris, en palabras da organización, “un dos eventos deportivos máis especiais na comarca”.

Novamente virá con formato de proba 3×3 de voleibol (categorías amateur e infantil con até 5 persoas por equipo). Haberá unha fase de grupos máis unha xeira de cruces (ouro, prata e bronce).

O obxectivo do Memorial é render homenaxe á figura de Agustín Mourís Hermo, deportista noiés falecido en 2017 e lenda do voleibol do deporte estatal e galego, da nosa comarca e, por suposto, da praia das Gaivotas, estreitamente ligada á súa traxectoria.

Colaboran o Club Voleibol Ribeira, o Concello Porto do Son e a Federación Galega de Voleibol.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.