Fusión de sons e emocións na apertura do Festival Ultreia das festas do Santiaguiño en Padrón

19 Xullo 2025

A noite do 18 de xullo en Padrón estivo marcada pola diversidade sonora e o entusiasmo do público coa apertura do festival Ultreia, un evento que se enmarca dentro da programación das festas do Santiaguiño. Dende os sons da Galicia ancestral ata os ritmos máis actuais da electrónica, pasando polo exotismo do Mediterráneo e a calor tropical das cumbias, a velada musical foi unha verdadeira viaxe sonora.

O encargado de abrir o festival foi Xurxo Fernandes, que, acompañado dun nutrido grupo de músicos, ofreceu un concerto cheo de forza e emoción. Co espectáculo Levaino!, Fernandes mesturou os sons da Galicia primitiva coa riqueza melódica do Mediterráneo oriental, conquistando ao público cunha posta en escena chea de cor e sentimento. O público non tardou en deixar a cadeira para bailar ao ritmo das doces paisaxes sonoras coas que o artista coruñés fixo un chamamento a lembrar sempre “o cantar da nosa terra nai”.

A continuación, chegou a quenda de O Sonoro Maxín, que comezou a súa actuación cun tema dedicado a Padrón. Os ritmos caribeños e tropicais marcaron o seu concerto, no que tamén houbo tempo para homenaxear a súa Ourense natal cunha cumbia que fixo bailar a todo o Espolón. A actuación forma parte da xira A primavera ten que ser nosa, coa que a banda rende tributo ao seu exbatería Jaime Mateo.

Ao dar a medianoite, o rock tomou o escenario da man de Five Star Service, banda local formada en 2022. O seu potente directo reuniu a moitos siareiros que gozaron do seu repertorio no paseo do Espolón.

A noite rematou coas sesións electrónicas dos DJs Matrek e Ivan Mata, que prolongaron a festa ata ben entrada a madrugada.

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.