Barbantia súmase ás reivindicacións para esixir a declaración BIC para o Museo Carlos Maside de Sada

21 Xullo 2025

A Asociación Cultural Barbantia, entidade cultural da nosa comarca integrada polos 9 concellos da área do Barbanza, emitiu un comunicado de solidariedade e apoio coas asociacións Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH da Coruña), AC Alexandre Bóveda da Coruña, AC Eira Vella de Betanzos e AC Irmáns Suárez Picallo de Sada pola paralización do procedemento de declaración BIC do Museo Carlos Maside de Sada e outras entidades.

Lembran dende Barbantia que “hai xa 15 anos que o Parlamento de Galicia acordou iniciar esta declaración BIC, sen que se tivera realizado ningunha acción ata o pasado ano 2023 coa Resolución de 1 de agosto da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, na cal incoábase o procedemento, que está a piques de caducar de non emitirse resolución expresa unha vez transcorridos 24 meses dende a súa publicación”.

Barbantia súmase ás ditas entidades para “esixir á Xunta de Galicia que resolva de xeito urxente este expediente en defensa do interese xeral e adopte as medidas necesarias para recuperar este proxecto museográfico de incalculábel valor concibido por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo en plena ditadura franquista”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.