Ambar emociona en Ribeira cunha peza escénica sobre mulleres libertarias e inclusión

18 Xullo 2025

No marco do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Ribeira, a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional estreou a súa nova creación teatral, Casas Refuxio, unha historia de mulleres libertarias, dirixida por Helena Salgueiro e interpretada polo grupo de artes escénicas ‘Elas’. A obra supón un paso máis na aposta decidida da entidade pola inclusión a través da arte, visibilizando o talento das persoas con diversidade funcional.

Tras o recoñecemento obtido con anteriores producións como As Paisaxes de Camille e A Serea Mariña, Elas regresou ós escenarios cunha proposta que vai máis aló da representación escénica: Casas Refuxio é unha homenaxe á resiliencia das mulleres e unha reivindicación da liberdade e do apoderamento. A acollida do público foi entusiasta, consolidando o papel da arte como ferramenta social transformadora.

Zeltia Iglesias, facilitadora do grupo, subliñou que “o noso obxectivo con Casas Refuxio e con todas as iniciativas do grupo ‘Elas’ vai moito máis alá do entretemento. Queremos poñer en valor o enorme potencial artístico das persoas con diversidade funcional e demostrar que unha inclusión real é posible en todos os ámbitos da sociedade”.

Con máis de 40 anos de traxectoria, a Asociación Ambar continúa promovendo vidas independentes en comunidade e conectando ás persoas cos recursos necesarios para que desenvolvan plenamente as súas capacidades e desexos. Desde a organización, expresaron o seu agradecemento ó Encontro de Embarcacións Tradicionais e ós asistentes pola súa implicación e apoio a unha visión inclusiva e diversa da cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.