“A vivenda, un problema social” – José Manuel Pena

04 Xullo 2025

Sempre dicimos o mesmo, a vivenda como un Dereito e non como obxecto de especulación, pero a realidade é que todo segue igual. Moito xente está en contra da intervención dos topes ao alugueiro e aínda así están a destinar demasiados inmobles ao alugueiro turístico ou de tempada, cunhas rendas mensuais desorbitantes e sen ningún tipo de control.

Unha gran parte das familias traballadoras atópanse con problemas para poder habitar unha vivenda, en alugueiro, de longa tempada e destinala a vivenda habitual e familiar, como se fixo sempre e a uns prezos alcanzables acordes á realidade dos salarios medios dos pobos e cidades. Moitos estudantes e traballadores xa non poden desprazarse para acceder a determinados estudos ou traballos polo excesivo prezo dos alugueiros e as empresas atópanse cunha evidente falta de persoal.

A Xunta de Galicia, garda silencio e invoca o dereito de propiedade privada e ao libre mercado, pero esquece da aplicación e cumprimento da Constitución, non só do artigo 47, senón tamén do artigo 33, “dos Dereitos e Deberes dos Cidadáns”. “Ninguén poderá ser privado dos seus bens e dereitos senón por causa xustificada de utilidade pública ou interese social…”. A Vivenda xa se converteu nun grave problema público e social, para máis da metade da poboación, e os nosos gobernantes teñen a obrigación de velar polo cumprimento da legalidade e ofrecer solucións aos problemas dos cidadáns.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.