A Deputación destina máis de 490.000 euros a iniciativas de promoción económica en concellos (con apoios á Festa do Polbo de Palmeira, Artemar en Ribeira ou as Xornadas Muros Mira ao Mar)

03 Xullo 2025

A Deputación da Coruña anunciou que vén de aprobar a concesión definitiva das subvencións do programa DP0043/2025, dirixido a apoiar iniciativas de promoción económica en concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. En total, destinaranse 492.203,55 euros para impulsar eventos e actividades que fomenten o desenvolvemento local, o comercio, o turismo e a identidade territorial ao longo de 2025.

O vicepresidente e titular da área de Promoción Económica, Xosé Regueira, sinalou que “este apoio reflicte o noso compromiso co impulso da economía local e co fortalecemento do tecido social e cultural dos concellos da provincia, contribuíndo á dinamización dos sectores produtivos e á posta en valor dos recursos propios de cada territorio”.

Entre as iniciativas financiadas atópanse proxectos singulares como InnovAmes 2025 no concello de Ames, que recibirá 10.868,22 euros, ou o III Mercado de Nadal e Acendido de Luces 2025 de Arteixo, con 17.500 euros. Betanzos contará con 30.000 euros para o desenvolvemento de diversas actividades de promoción económica, mentres que Brión porá en marcha a iniciativa Brión: Un Xardín Comestible grazas a unha axuda de 7.800 euros.

En Corcubión apoiarase a Campaña de Nadal 2025 cunha subvención de 16.070,13 euros. O concello de Coristanco recibirá 30.000 euros para a celebración da XLIII Festa da Pataca e Fene disporá de 10.000 euros para accións de fomento e dinamización económica e turística. En Melide, a Deputación financiará con 30.000 euros a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional.

Outras actividades destacadas inclúen Miño: Promoción Económica En CaMiño (10.000 euros), a XXXIII Festa do Polbo de Mugardos (30.000 euros), as Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar en Muros (30.000 euros), ou o XVII Mercado Rutas do Mar en Muxía (10.000 euros).

Narón organizará o XXV Oenach Atlántico 2025 cunha subvención de 30.000 euros. Neda contará con 26.910,40 euros para a súa Festa do Pan, e Noia recibirá 30.000 euros para diversas accións de promoción económica. En Ordes, a Deputación apoiará con 15.000 euros a XXXIV Festa do Champiñón, mentres que Paderne organizará a Feira GastroLexítimo 2025 con 7.327,80 euros de axuda provincial.

Pontedeume porá en marcha o Feirón do Queixo cunha achega de 21.278,40 euros e Ribeira levará a cabo un amplo programa turístico e gastronómico que inclúe Artemar, a Festa do Polbo de Palmeira e as Procesións do Carme, cun apoio de 7.848,60 euros.

Tamén recibirán apoio económico as iniciativas de Sada (Sardiñada San Roque, 30.000 euros), San Sadurniño (Feira da Plantación e Feira Rural, 5.200 euros), Teo (Feira de Artesanía e produtos con D.O., 5.000 euros), Val do Dubra (Feiras de Abril 2025, 13.000 euros), Vimianzo (Promoción Económica 2025, 30.000 euros), Zas (Campaña de Dinamización do Comercio Local, 8.400 euros) e O Pino (Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, 30.000 euros).

“Estas actuacións, que abranguen eventos tradicionais, mercados locais, feiras gastronómicas e actividades culturais e turísticas, son unha mostra da diversidade e potencial dos concellos da provincia”, fixo saber Regueira, engadindo que “a Deputación da Coruña reafirma así o seu compromiso coa dinamización territorial, apoiando proxectos que crean emprego, estimulan a economía local e reforzan o sentimento de comunidade nos concellos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...