A campaña “Merca no teu comercio” chega a Padrón, Rois e Dodro para apoiar ao comercio local

19 Xullo 2025

A iniciativa “Merca no teu comercio” fará escala este verán en Padrón, Rois e Dodro, entre os días 20 de xullo e 4 de agosto de 2025, co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade e estimular as vendas nos municipios rurais galegos. Esta campaña está promovida pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, e forma parte dun conxunto de 40 campañas que se están a desenvolver en máis de 90 localidades galegas.

Durante estes días, todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas destes tres concellos poderán participar no sorteo de 1.000 euros en premios, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Estes vales deberán ser utilizados para volver a mercar nos propios comercios de Padrón, Rois ou Dodro, contribuíndo así a reforzar o ciclo económico local.

A participación é sinxela: tan só hai que rexistrar a compra realizada nun dos comercios locais a través da web específica da localidade —
mercanoteucomercio.com/padron
mercanoteucomercio.com/rois
mercanoteucomercio.com/dodro

O rexistro pode facerse desde calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador), ou ben directamente polo comerciante, se o prefire, duplicando así as opcións de gañar do cliente.

O sorteo terá lugar o 5 de agosto, e a entrega oficial dos premios celebrarase o venres 8 de agosto na Praza Macías, nun acto que pechará esta campaña promocional na comarca.

Con esta iniciativa, as entidades organizadoras buscan visibilizar e apoiar o pequeno comercio, un motor económico esencial para a vida dos concellos e a cohesión social do territorio rural galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.