A ABE entrega os premios da primeira quincena das Quincenas Fantásticas e anticipa un novo récord de participación

28 Xullo 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fixo entrega dos premios aos gañadores da primeira quincena da campaña Quincenas Fantásticas, unha iniciativa que continúa superando expectativas e consolidándose como “un referente na dinamización do comercio local durante o verán”.

As persoas premiadas nesta primeira quincena foron:

-Diego, gañador de 250 €, por unha compra en Atmósfera Sport – Deportes Brincos

– Ana Pombo, gañadora de 150 €, por unha compra en Princesas y Príncipes

– Ana Mª Rodríguez García, gañadora de 100 €, por unha compra en Alimentación Teresa

Cada unha delas recibiu os seus Bonos ABE, que poden gastar en máis de 200 negocios locais asociados, sen data de caducidade: unha fórmula que “permite premiar aos consumidores á vez que se reforza o tecido comercial da vila”, explicou a ABE.

A primeira quincena (do 1 ao 15 de xullo) pechouse con 2.000 tíckets rexistrados, “marcando un récord histórico de participación”, sinalaron dende Asociación Boirense de Empresas, engadindo que a segunda quincena, que aínda está en marcha, apunta mesmo máis alto: xa se superaron os 1.500 rexistros cando aínda falta unha semana para o sorteo, que terá lugar o 4 de agosto.

Desde ABE animan a todos os clientes a seguir rexistrando as súas compras, lembrando como participar: subindo o tícket e cubrir o formulario en www.abe.gal.

A campaña Quincenas Fantásticas está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.