Ribeira organiza media ducia de obradoiros audiovisuais para facer canteira de creadoras/es de contidos

09 Xuño 2025

Este luns 9 de xuño celebrouse en Ribeira a presentación dos Obradoiros Audiovisuais do Concello de Ribeira (obradoiros #SenFiltros), destinados á xuventude e programado pola Concellería de Mocidade coa inclusión de seis obradoiros espallados polos meses de xuño e xullo na Casa da Xuventude. Para a presentación acudiron a concelleira de Mocidade, Antía Alberte, e máis Alba Pego, experta no audiovisual e docente dos obradoiros xunto co técnico de Xuventude, Mario Vidal. A concelleira recordou que na semana pasada presentáronse as actividades deportivas para o público xuvenil e as escolas náuticas, cuxas bases xa están publicadas na web e as inscricións abertas. “Hoxe”, dixo, “damos a coñecer esta nova actividade chamada #SenFiltros que inclúen seis xornadas de obradoiros audiovisuais a desenvolver tódolos sábados pola mañá na Casa da Xuventude a partir do vindeiro sábado 28 de xuño”.

As inscricións poden facerse a través das redes sociais de Xuventude (Instagram e Facebook) e tamén no correo xuventude@ribeira.gal”, informou a concelleira que finalizou animando á mocidade a apuntarse aos obradoiros audiovisuais. O rango de idade recomendada para estes obradoiros é de 12 e 17 anos.

A docente dos obradoiros, Alba Pego salientou que estas actividades “xorden coa intención de crear unha canteira audiovisual en Ribeira que podían complementar as diferentes actividades que hai de lecer durante no verán no noso concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.