“Realidade social” – José Manuel Pena

03 Xuño 2025

O Capital (grandes empresas e entidades financeiras) son o motor económico de calquera sociedade avanzada e do dependen varios parámetros económicos básicos como o I.P.C, a inflación, ou o Euribor, que tanto afectan, positiva ou negativamente, aos cidadáns.

Á maioría dos cidadáns non lles preocupa os datos da macroeconomía nin a política de salón da que fan gala moitas formacións políticas e analistas económicos, en cambio se padecen as carencias en materia laboral (negociación colectiva e incremento do S.M.I), en sanidade (listas de espera e falta de medios, humanos e materiais), en educación (bolsas, gratuidade e calidade), en vivenda (asequible ao alcance de todas as persoas e familias, incluso as vulnerables) así como en prestacións sociais insuficientes (baixas pensións, paro excesivo, persoas sen traballo e sen dereito a percibir unha axuda económica, suficiente para vivir).

Os cidadáns do montón, de clase media e baixa, queren contar cunha clase política que viva a realidade social e que coñezan os seus problemas e inquietudes. Que falen máis do verdadeiramente importante e menos de grandes proxectos que non afectan á vida cotiá e os veciños de calquera pobo ou cidade do noso país.

Por todo iso é moi importante que os diferentes gobernos manteñan e leve adiante unha política de mínimos, amparando sempre unha política social decidida para combater a marxinación e as grandes diferenzas sociais, cada vez máis evidentes no noso país.

Os ricos son cada vez máis ricos e os pobres máis pobres. Para os poderosos e privilexiados, a política é unha arma para xerar máis poder e para os máis humildes é a esperanza de que algún día triunfe a Xustiza Social.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.