Son 17 dos 25 municipios solicitantes os afectados, e nove os expedientes que xa foron remitidos a Costas para que o Ministerio de Transición Ecolóxica decida sobre a súa aprobación. Os restantes ratificaranse este mes polo Consello Rector e o último terzo da listaxe quedará aprobado antes de que remate este ano.
Os da Pobra do Caramiñal e Rianxo son concellos que reverten agora ao Estado ao ter consensuada a delimitaciòn de terreos xunto cos da Guarda, Bueu, Cambados, Cangas,
Foz, Ponteceso (portos de Ponteceso e Corme), Oleiros (porto de Santa Cruz), Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Laxe, O Grove, Mugardos e Moaña.
Trátase de solo de titularidade portuaria que non rexistra actividade sectorial ou esta é moi baixa, e que a Xunta pretende reverter na Administración central ao obxecto de que esta poida cederlla ás administracións locais dado o seu uso público veciñal.



