Porto do Son executa unha nova zona de estacionamento lindeira coa Piscina Municipal

06 Xuño 2025

O Concello de Porto do Son atendeu unha demanda veciñal e executou unha nova zona de estacionamento público lindeiro coa Piscina Municipal.

En concreto, o Concello habilitou unha parcela de titularidade municipal para realizar este aparcadoiro que, segundo explicaron fontes do Consistorio, “ofrece unha solución de estacionamento ante a alta cantidade de xente que acude todos os días ás instalacións deportivas”.

A intervención, que conta cun investimento de 5.756 euros de fondos propios do Concello, consistiu en preparar o terreo e acondicionar o firme con saburra compactada.

Tras rematar as obras, desde o Goberno local destacaron que “esta actuación pon solución a unha alta demanda de zona de estacionamento e facilita o acceso de todas as persoas usuarias da piscina e do ximnasio municipal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.