Este sábado 21 de xuño Boiro vai acoller un taller de autodefensa persoal orientado principalmente a complementar os recursos das mulleres para defendérense das agresións machistas.
Será no Pavillón de Barraña a partir das 9.30 horas. A actividade encádrase no programa Muller e Saúde que desenvolve o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boiro. As inscricións cómpre facelas no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.
O obradoiro está destinado a mulleres maiores de 16 anos e busca apoderar ás participantes mediante técnicas de defensa física e estratexias preventivas. Trátase dunha actividade de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero, informou o Concello.




