O Consello Escolar Municipal de Boiro pon o foco na problemática das adiccións

05 Xuño 2025

O Concello de Boiro celebrou este mércores 4 de xuño unha nova sesión do Consello Escolar Municipal para avaliar os programas que se levan a cabo en materia educativa e facer fronte ás novas necesidades detectadas. O alcalde, José Ramón Romero, participou na sesión xunto coa concelleira de Ensino, Carmen Silva, e os representantes da comunidade educativa.

O Consello Escolar Municipal puxo o foco na problemática crecente das dependencias e o consumo de drogas que se detecta nos centros de ensino co obxectivo de comezar a abordala mediante as ferramentas das que se dispón como é o Proxecto EnClave, recursos persoais e técnicos. Ademais, propúxose impulsar unha Escola de Nais e Pais para favorecer o contacto entre a comunidade educativa e as familias.

Durante a sesión fíxose unha valoración do Proxecto EnClave do curso 2024/2025 co obxectivo de aplicar melloras para o programa do vindeiro curso escolar. “O proxecto EnClave é un programa vivo que debemos actualizar e adaptar en función das necesidades que se detecten por parte dos membros que forman a comunidade educativa”, recoñeceu o alcalde.

O Consello Escolar Municipal reúnese de xeito periódico durante o curso escolar para detectar e dar solución aos problemas e necesidades xurdidas no ámbito educativo. Este órgano, no que está representada toda a comunidade educativa do municipio, está en condición de ofrecer unas perspectivas de interese xeral que axuden a clarificar e resolver aquelas problemáticas detectadas no eido escolar.

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.