Novo número da edición impresa de “Código Cero”, revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

24 Xuño 2025
Revista Código Cero de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero, o 263,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia o 27 de xuño. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O foro Un país coa súa lingua propón a creación dunha plataforma transmedia a prol da lingua
– O CITIC aposta pola ciencia con impacto social
– O Plan galego de investigación e innovación está dotado con 1.310 millóns de euros
– Entrevistamos a Rolando Caldas, impulsor de Pulpo.Con e formador de Vitae
– RETEGAL e AMTEGA activan a 2ª fase da Rede Galega da Internet das Cousas (iCousas)
– Convocada a 2ª edición dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT
– Envita e HC San Rafael, entidades galardoadas nos I Premios á Dixitalización da OAP de Ineo
– Especial 17ª Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– A Secretaría da Lingua impulsa o galego no ámbito relixioso a través dos soportes dixitais
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Susana Rey Baldomir, membro da Oficina de Privacidade e IA de R
– A Maker Faire Galicia arrinca en Santiago a súa XI edición

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.