” Cando a língua envelena ao morder”. Antón Luaces

10 Xuño 2025

Teño a sorte de que os lectores do Barbanza non precisan de tradutores para poderen entender o que un, mal que ben, escribe. E teño a sorte tamén, de escribir nunha língua, a galega, na que dona Isabel Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, nunca me lerá. Porque a señora Ayuso négase agora -antes non pensaba o mesmo- a que sexa unha realidade a España que recoñece a coexistencia do  bilingüismo nas comunidades autónomas que teñen -e temos os seus habitantes- a enorme sorte de falar dous idiomas: o de seu (galego, eúscaro e catalán) e o castelán (ou castellano). Ela, a presidenta Ayuso, o perde porque, tempo atrás, opinaba que “el bilingüismo me parece una gran riqueza, pero no en detrimento de la segunda lengua más importante del mundo. Pero hablar catalán, gallego, etc., es una riqueza cultural, un tesoro”. 

Tal cal, en castelán; como lle compre a quen carece da riqueza ou o tesouro que é falar dous idiomas. Naturalmente, a presidenta Ayuso, coidará que falar amáis do castelán, abonda con entenderse en inglés, francés, alemá e, a poder ser, chinés e xaponés, que non son idiomas para ela alleos, supoño, por máis que confunda a froita.

Todos os meus antergos empregaron o idioma galego para falaren entre eles, e ata onde coñecín dos meus avós -e coñecín aos catro- só falaban o galego e, cando nós -meus irmáns e máis eu- viñemos de Gran Canaria (onde estaba destinado o noso pai) estimaban que falaramos en “canario”, dicían, porque lles cadraba “este idioma”.

Tiven a sorte de comprobar como, entre os meus fillos, irmáns, sobriños e netos, falar en galego é tan “normal” como  facelo en castelán, eúscaro, inglés, italiano, noruegués, portugués, alemá ou francés, o que permite afirmar que falar distintas línguas é “unha grande riqueza” e sen necesidade de usar o “pinganillo” para se entender. 

A pena é que a presidenta Ayuso non o entenda. Pero co tempo entenderá. Seguro.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.