Boiro Novo presenta unha moción para impulsar a promoción de vivendas de protección oficial e en alugueiro social

23 Xuño 2025


A agrupación Boiro Novo presentou unha moción para ser debatida en pleno na que se urxe ao Concello a impulsar a promoción de vivendas de protección oficial e en alugueiro social.

Na moción explican que “para a nosa asemblea anuncios coma os que fixo recentemente o alcalde, de construír 1000 vivendas en primeira liña de praia, parecen máis un convite á especulación que unha aposta para crear vivenda que permita fixar poboación no noso concello”. Pola contra, din, “o que realmente Boiro e a súa veciñanza necesita é un plan de vivenda, que impulse a creación de vivenda de protección oficial así como aumentar a oferta de alugueiro social: medidas que poñan freo o aumento dos prezos da vivenda e poñan coto á especulación dun ben de primeira necesidade protexido constitucionalmente”.

A moción inclúe os seguintes puntos:

-Primeiro.- Elaborar un plan de vivenda municipal no que se adoiten as medidas administrativas e orzamentarias necesarias para aumentar a oferta
de vivenda de protección oficial en Boiro.

-Segunda.- Que se estuden fórmulas mediante as cales sexa posíbel aumentar a oferta de vivenda en alugueiro social, ben sexa con incentivos ás persoas físicas que sexan propietarias, ben a través de penalizacións aos propietarios (especialmente entidades xurídicas) que acumulen varias vivendas baleiras. Estar pendente de excluír de calquera bonificación ou axuda institucional ás vivendas vacacionais ou á vivenda baleira.

-Terceira.- Instar á Xunta de Galicia a colaborar cos concellos para a promoción e construción de máis vivenda de protección oficial así como para
o aumento da oferta de alugueiro social.

-Cuarta.- Instar ao Goberno español a que colabore cos concellos poñendo á súa disposición o parque de vivenda da SAREB para destinar a alugueiro social e vivenda protexida e establecer un marco lexislativo estatal que regule e impida a compra de vivenda por parte de fondos voitre e especuladores inmobiliarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.