Abanca, Afundación e o Concello de Noia inauguran este martes a mostra “Comedy Wildlife”

09 Xuño 2025

O Concello de Noia, Abanca e Afundación inauguran esta semana unha exposición encadrada no proxecto Corrente cultural: a mostra de rúa Comedy Wildlife, unha escolma de 60 singulares fotografías de natureza desde un punto de vista humorístico, seleccionadas do Premio Comedy Wildlife Photo dos anos 2015 ao 2022. O acto de apertura será este martes 10 de xuño, ás 10.30 h, na alameda de Noia e contará coa asistencia do alcalde de Noia Santiago Freire; o coordinador institucional de Abanca na Coruña, José Manuel Vilariño; o director da oficina de Abanca en Noia, Rafael Cuña; a subdirectora da oficina de Abanca en Noia, Irene Gómez; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela.

Comedy Wildlife chega á súa versión de rúa despois de abarrotar nos últimos dous anos museos e centros de exposicións dos Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá, e despois do seu exitoso paso polos centros de Afundación en Galicia.

Trátase dunha exposición conformada por 60 fotografías que resultaron distinguidas como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor polo galardón The Comedy Wildlife Photography Awards. A mostra, en palabras de Abanca, “cativa a toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar ao público”.

Esta colaboración é parte do proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento crucial para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de Abanca, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.